Suscribirse a:
Entradas (Atom)
A Ruta dos Montes de San Cibrán atópase nas parroquias de A Picoña e San Xurxo do Concello de Salceda de Caselas, parroquia de Cans do Concello de O Porriño e barrio de Couso (parroquia de Guláns) do Concello de Ponteareas. Tratase dunha ruta lonxitudinal de 12,83 km aínda que se pode aproveitar o trazado do Sendeiro das Greas GR-58 para realizar un percorrido circular. Unha vez no alto de San Cibrán, onde se pode aproveitar para tomar un descanso, a ruta descende cara a parroquia de Picoña e discorre paralela en moitos tramos ó río Caselas, que presenta en varios puntos unha rica vexetación de ribeira e varios muíños. O sendeiro percorre o fondo do val onde se sitúan a maior parte das casas e se atopan varias construcións interesantes: lavadoiro, antigas escolas, muíños e peto de ánimas. Dende o fondo do val o sendeiro ascende de novo cara os montes do comunal de San Xurxo e vaise afastando das leiras e das casas para volver a discorrer entre masas de piñeiros e eucaliptos nas que se atopan restos de varias cortellas, muíños e pozas. A ruta finaliza na área recreativa das Conforcadas, onde se pode enlazar con Sendeiro das Greas GR-58 para regresar o alto de Cans e realizar un percorrido circular. |
Ver Ruta dos Montes de San Cibrán en un mapa más grande |